Friday 10 de May de 2024

A infraestrutura ten unha lonxitude de 305 metros


Conclúen as obras da Deputación para aumentar a seguridade entre Vixán e A Graña a través da construción dunha senda peonil

O Concello de Riveira informa de que veñen de concluír as obras promovidas pola Deputación da Coruña co fin de aumentar a seguridade viaria entre os lugares de Vixán e A Graña, na estrada D.P. 7306, a través da construción dunha senda peonil.

Esta actuación, que estivo incluída no Plan de Sendas Peonís da entidade e supuxo un investimento de 64.420 euros. Obras y Viales de Galicia, SL, foi a empresa adxudicataria.

O proxecto técnico executado foi redactado polos servizos técnicos do Concello de Riveira e recolleu a dotación dunha senda peonil de 305 metros de lonxitude por unha das marxes, prevéndose a ampliación da zona de paso alí onde fose posible para lograr un ancho mínimo de 1,50 metros.

Pluviais
De igual xeito, instalouse unha rede para drenaxe de pluviais, consistente na instalación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, ao longo da senda peonil e paralelo á mesma. Tamén se construíu unha cuneta revestida de formigón e colocaranse arquetas sumidoiro.